|
O concello de Barreiros, con 72,16km2 de extensión situase na
franxa norte da provincia de Lugo, denominada "A Mariña" Lucense. A súa situación xeográfica entre o mar, con finísimos arenais de ata 8 km de lonxitude e a montaña, podémola tildar de privilexio natural, que invita a pasar longos periodos vacacionais.
Aparece formado por las parroquias de S.Cosme de Barreiros (capital do Cocnello),San Pedro de Benquerencia, S. Miguel de Reinante, Santiago de Reinante, Celeiro de Mariñaos, S. Xusto de Cabarcos, S. Xulían de Cabarcos e Villamartín Pequeño. A capital do concello, San Cosme de Barreiros, situada a 40 metros de altitude, dista 90 km da capital provincial, Lugo. As súas principais vías de comunicación son: a N-634 Santiago-San Sebastián e a liña férrea Ferrol-Gijón de FEVE que atravesa este concello costero, ademáis hai varias liñas de autobuses diarios a Lugo e Coruña.
|
Esta pagina aún se está construyendo, por lo que os ruego que tengáis un poco de paciencia y esperéis a que se vayan añadiendo nuevas funcionalidades, que iréis viendo aparecer poco apoco.
Un saludo, Alvaro Vizoso Vazquez